INFORMACION PUBLICA PROXECTO IMPLANTACION DUNHA INDUSTRIA TEXTIL CON AFECTACION RIO ULLA E ENCORO
EXP: 2024/X006/000066
No DOGA de data 4 de marzo de 2024 publicouse o anuncio polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada, o estudo de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria téxtil a base de celulosa e as súas infraestructuras asociadas, promovido por Greenfiber S.L (ALTRI), que se vai implantar en Palas de Rei, con afectación sobre o río Ulla e o Encoro de Portodemouros.