O procedemento de "transmisión de titularidade de licenza para acometida de auga e rede de sumidoiros" regula a concesión, por parte do Concello, da transmisión de titularidade de acometida de auga e rede de sumidoiros.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar a transmisión de licenza de acometida de auga e rede de sumidoiros.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Transmisión de titularidade de licenza para acometida de auga e rede de sumidoiros.
 
 Unidade tramitadora: Urbanismo.
 
 Inicio do procedemento: A instancia de parte.
 
 Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
 
 Órgano de resolución: Alcaldía.
 
 Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
 
 Prazo de resolución: 3 meses.
 
 Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
 
 Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa. 
 
 Canles de atención: Telemático (iniciar trámite).
 
                                     Presencial.